Sunday 19 de May de 2024

O 27 de xuño remata o prazo para apuntarse á ruta que organiza o Concello de Touro no Programa Goza do Ulla e que está programada para o sábado 1 de xullo


O martes, 27 de xuño, remata o prazo para que os sendeiristas interesados poidan apuntarse á ruta que organiza o Concello de Touro no programa Goza do Ulla. O percorrido está programado para o próximo sábado día 1 de xullo. No programa Goza do Ulla de rutas de sendeirismo participan 20 concellos bañados polo río que divide ás provincias da Coruña e Pontevedra. Os interesados en apuntarse poden facelo ata o próximo martes, día 27 de xuño, nos seguintes contactos: Concello (981.504.029 ou 981.814.566). A ruta Unindo camiños polas sombras do Ulla está prevista para o sábado 1 de xullo ás 9.00 horas. Trátase dunha senda de notable valor botánico e natural que transcorre baixo un pasadizo sombrío onte o caminante pode disfrutar da presenza de bosque mediterráneo, atlántico e de ribeira. Durante o camiño descúbresen os restos dos pazos de Rosende e de San Cristovo, pequenos muíños, antigas ouriceiras que salpican os frondosos soutos e pequenas fervenzas e o emblemático Pozo do Pego.